domingo, 2 de diciembre de 2012

***


hai algo mais

Se hoxe temos todo o que temos significa que alguén loitou por telo. 
Non falo do inventor do televisor nin do inventor dos zapatos de tacón, quero ir algo máis atrás no tempo. Refírome á prehistoria.

Se hoxe temos linguaxe significa que no principio dos tempos alguén loitou por comunicarse. Se agora temos todos estos alimentos significa que houbo un día no que alguén pasou fame e decidiu explorar cómo combatila. Sego sen falar do inventor do cocido. Falo de tempos máis lonxanos, do inventor da caza!
Se hoxe temos as nosas casas cheas de cadros non é grazas ao inventor do óleo, sigo falando do primeiro que quixo plasmar unha imaxe nunha rocha.

Aqueles homes.. Aqueles homes que comezaron a historia que agora nós estudamos e a historia que fixo que cadaquén agora sexa o que é.

Nunca busquei unha similitude entre eu e os homes prehistóricos ata que Manolo fíxome buscala e creo que topei con máis dunha cousa en común.

Podería falar das vestimentas que levan e o que se parecen á nova temporada de Zara; Incluso podería falar dos xogos cos que se entretíñan e veríades que o ''pillapilla'', posiblemente, non o inventaron os vosos bisavós, senón os bisavos dos bisavos dos bisavos dos bisavós dos vosos bisavós.

Gustaríame ir un pouco máis alá.

Aínda que pensedes que ninguén sentiu tantos celos como vós no momento no que a vosa moza foise con outro home estades moi equivocados. Os celos levan na historia moito máis que o lume. Celáchesvos o mesmo que un home que vai cazar e cando volta, encóntrase á súa muller falando con outro home da Idade de Bronce.

O triste que estiveches cando morreu á túa avoa xa o estivo un neno ao ver como a súa avoa morría e era enterrada nesta época.

O mesmo que disfrutaron os teus pais ata ser máis en nove meses o disfrutaron os habitantes da prehistoria.

A sensación de non chegar a fin de mes. O suor da túa familia para que teñas pan todos os días era o mesmo que na idade do Bronce sudaban para vivir, para comer.

O contenta que estiveches o dia que viches ao home máis guapo de Ferrol e achegouse a pedirte a hora o estivo unha muller fai 5000 anos.

O íntimo! os sentimentos! 
O íntimo leva connosco máis que calquera cousa.

Personalmente, considérome unha persoa que necesito, unicamente, sentimentos, familia, amigos e saude para ser feliz. E son catro cousas que xa as tiñan os primeiros habitantes, polo tanto o que tiñan, era ouro.

Con dito tesouro, imaxínome ter pertencido a esta época, cambiar a preocupación de selectividade pola preocupación de qué tal lle irá a pesca ao meu mozo.. Non botar de menos un nórdico nas noites frias porque non sei o que é. Descubrir algo novo cada dia.. Rir tanto como río hoxe en día na idade contemporánera, onde todos vivimos ao redor das batallitas do sabado noite e onde hai xente tan pobre que só ten diñeiro.

lunes, 26 de noviembre de 2012

domingo, 21 de octubre de 2012

Non é o mesmo botalos que votalos.

Gaivotas á terra mariñeiros á merda.



Teño que repartir a culpa. O tópico de que os políticos son os culpables da abstinencia paréceme o máis cómodo. Mentres que o cabreo da xente non se converta nun voto isto non serve de nada, non teño a maioría de idade, hoxe tiña que estudar e a miña cama tamén é cómoda. Aínda así levantaría o cú para loitar polo meu futuro. 

Non é votar ao menos malo, é votar dunha maneira consciente algo que vai determinar o noso día de mañá e algo polo que loitaron centos e miles de persoas. Non me serve de nada acudir ás folgas se o día decisivo meten o papeliño na urna catro.

Pódome queixar, somos a única comunidade autónoma con cultura propia na que goberna o PP.

O meu resquicio de esperanza acabou por converterse en 9 escaños e non me podo queixar.
E os que se levantaron da cama en Ferrol  49.50 % esquerdas, 42 %, PP .Aínda queda esperanza.. 


Acabou o tempo de lles dar nos fuciños .
Galiza está na esquerda, só no mapa. 

Que sexa certo o "Malo será"




domingo, 14 de octubre de 2012

algo así..


Para mi ser gallego es la diferencia entre echar de menos 
E TER MORRIÑA!

É chegar a Salamanca e falarlle inconscentemente en galego aos vellos de alí.
 Galicia é facer as palabras máis riquIÑAS con só un suxifo diminutivo.

Para mi ser galego e non descartar a posibilidade de chuvia.
TER O ACENTO NON SÓ NA FALA,TAMÉN NA MIRADA



Ser galego é non facer planes a tarde do día de patrón porque a comida da avoa durará ata que anoiteza.




Que chova! Malo será que chova sobre mollado xa que
 nunca choveu que non escampara

GALICIA E TER TODAS AS ESTACIÓNS DO ANO NUN MESMO DÍA!



Ter unha unica estrella!
E que sexa a Galicia




Galicia é o que din os rumorosos
O fin da terra en forma de cabo!
A VALENTÍA DO MARISCADOR!

O bo galego foi como mínimo unhas dez veces ao carallo!


Para min ser galega é ter clara a diferenza entre óso e oso
A SAUDADE COMO FILOSOFÍA DE VIDA!
O VERDE E O SALITRE