sábado, 18 de mayo de 2013

RELATO-TESTIMONIO 23F



A verdade é que nese ano eu, grazas á miña imprenta podíame permitir vivir ben. Icluso ata algún luxo, cousa rara naquel tempo no que moitos as viron e as desexaron para resistir á chamada segunda crisis do petróleo, unha crise que duraba xa demasiado e que levouse por diante as economías de moita xente.

A peluquería do barrio de toda a vida entristecía sen apenas vellas que se fixeran a permanente. O bar de enfrente facia malabares para atraer clientes.. A crise en Madrid, onde eu vivía daquela terminou por baixar a persiana de moitas empresas e negocios. Mais a crise non afectaba só á peseta.. Tamén na política, aquel día, no congreso, botábase a un novo presidente: Leopoldo Calvo Sotelo trala dimisión de Adolfo Suárez.

En esta especie de calma atopábame eu, aquel 23 de Febreiro de 1981. O recordo minuto a minuto..

Eran as seis e media. Estaba con Paco no bar que tentaba atraer clientes por todos os medios discutindo (coma sempre). O mangante dicíame que non sabia para que se molestaba Calvo Sotelo en saír elixido se iba a facer a mesma merda que Adolfo Suarez. Dicía que o que o país precisaba era man  dura.. Maldito fascista e retrógado!! Facía falta evolucionar pero Paco parecía que non se enteraba.

Entrou Pilar pola porta berrando como unha tola que puxéramos a radio "Poñede a radio!! un grupo de gardas civís no Congreso acaban de lirarse a tiros!" Era certo. A nai que me pariu, pensei. "Neste país parece mentira que non saibamos amañar as cousas sen seren a tiros" Oíase a Paco rusmar.."Te lo dije, te lo dije....."

Tal como o conto o vivín.  Aproximadamente ás seis e media da tarde un grupo de membros da garda civil irrumpiu o Congreso onde estaba a celebrarse a votación de investidura. Os gardas apuntaran coas súas armas ao presidente da cámara ao tempo que gritaban "todo el mundo al suelo"

Volvín a casa. Tiña que pensar. Non podía estar tranquilo. En calquer momento podían ir a por min.. O meu pai tampouco fixera nada e o mataron na guerra.. Pero manda carallo! Que eu  tivera que quedar escondido na casa por catro fascistas tocabame demasiado os co***

(...)Sonou o teléfono. Era a miña nai.. Nai que deixara en Galicia para cambiar de vida... Collín o teléfono e a pobre non facía mais que nomear á Virxe do Amor Fermoso "Antón que ti és comunista..Escondete fillo, se me queres escóndete" eu pensei en dicirlle a miña nai que se calara, que non me ía a esconder como unha rata de catro gardas tolos pero preferín evitarlle o infarto. Infarto que no seguinte minuto case me da a min. DIN DON-DIN DON. O timbre. O medo e o maldito Paco berrando que lle abrira.. 

Abrín."Puedes estar tranquilo Antonio, te vienes a mi casa" LOQUEARA!! Eu na boca do lobo? "Si alguien viene a por ti no va a venir a buscarte a mi casa"
Aí tiña toda a razón do mundo..

Acabei no barrio Salamanca. Na casa de Paco,dicíame que me sentira como na miña casa.. que ali estaba seguro, que aínda que eu fora roxo era o seu amigo. Invitoume a Whisky,Xinebra,Coñac e engadiu "de todo, pero español" O caralludo tiña todo un altar en honor ao franquismo montado no seu salón.

Coa xinebra na man sentouse e dixo :

-mucho hablar de libertad y cuando alguien pone los cojones encima de la mesa no hay un alma que se mueva" 
(Non foi isto o que me fixo explotar,foi o himno español que soaba de fondo.)

+Á MERDA! España esta chea de xente dispuesta a pararlle os pes a estos fascistas!"

-¿Dónde Antonio? dónde estan que no los veo?

+AQUI!

-¿Y tu que vas a hacer? 

Non sabía o que ía a facer pero o que si que sabia era o que non iba a facer, non  ía a quedar alí diante escoitando as fascistadas que lle saían pola boca.. 

"Pues este fascista te ha ofrecido su casa y esta dispuesto a jugársela por ti"
Dixenlle que se os seus fracasaran eu tamén daría a cara por el pero non aguantaba nin un minuto máis alí

Collín o coche.A cabeza non paraba.Estaba farto de esconderme! quería loitar pola democracia.. Non  podía quedar calado. Tiña unha idea, unha idea e unha imprenta. Ambalasdúas cousas fusionadas significaban o Barrio Salamanca cheo de panfletos e carteles..

A nosa búsqueda deun futuro mellor podía saltar polos aires dun momento a outro. Houbo pois, quen a su manera quiso facer fronte á situacion e o meu brote revolucionario estaba disposto a todo con tal de salvar o país. 

Un antigo compañeiro e mais eu imprimimos os panfletos e empapelamos todo o barrio Salamanca,non era home que poidera quedarme cos brazos cruzados.

O golpe fracasara, un sentimento de alivio innundou España e voltábase ao optimismo. Todas aquelas libertades que tanto costaron seguían connosco e eu.. eu fixen o que tiña que facer