domingo, 21 de octubre de 2012

Non é o mesmo botalos que votalos.

Gaivotas á terra mariñeiros á merda.



Teño que repartir a culpa. O tópico de que os políticos son os culpables da abstinencia paréceme o máis cómodo. Mentres que o cabreo da xente non se converta nun voto isto non serve de nada, non teño a maioría de idade, hoxe tiña que estudar e a miña cama tamén é cómoda. Aínda así levantaría o cú para loitar polo meu futuro. 

Non é votar ao menos malo, é votar dunha maneira consciente algo que vai determinar o noso día de mañá e algo polo que loitaron centos e miles de persoas. Non me serve de nada acudir ás folgas se o día decisivo meten o papeliño na urna catro.

Pódome queixar, somos a única comunidade autónoma con cultura propia na que goberna o PP.

O meu resquicio de esperanza acabou por converterse en 9 escaños e non me podo queixar.
E os que se levantaron da cama en Ferrol  49.50 % esquerdas, 42 %, PP .Aínda queda esperanza.. 


Acabou o tempo de lles dar nos fuciños .
Galiza está na esquerda, só no mapa. 

Que sexa certo o "Malo será"




domingo, 14 de octubre de 2012

algo así..


Para mi ser gallego es la diferencia entre echar de menos 
E TER MORRIÑA!

É chegar a Salamanca e falarlle inconscentemente en galego aos vellos de alí.
 Galicia é facer as palabras máis riquIÑAS con só un suxifo diminutivo.

Para mi ser galego e non descartar a posibilidade de chuvia.
TER O ACENTO NON SÓ NA FALA,TAMÉN NA MIRADA



Ser galego é non facer planes a tarde do día de patrón porque a comida da avoa durará ata que anoiteza.




Que chova! Malo será que chova sobre mollado xa que
 nunca choveu que non escampara

GALICIA E TER TODAS AS ESTACIÓNS DO ANO NUN MESMO DÍA!



Ter unha unica estrella!
E que sexa a Galicia




Galicia é o que din os rumorosos
O fin da terra en forma de cabo!
A VALENTÍA DO MARISCADOR!

O bo galego foi como mínimo unhas dez veces ao carallo!


Para min ser galega é ter clara a diferenza entre óso e oso
A SAUDADE COMO FILOSOFÍA DE VIDA!
O VERDE E O SALITRE