sábado, 19 de enero de 2013

PRESTIGE




Podería poñerme seria e falaros de Mare Shipping, de Crown Resources, incluso podería falaros da London Steamship Owners insurance. Máis para iso podedes pór en Wikipedia 'prestige' e veredes quen foi o propietario, o dono da carga e ata a aseguradora. 

Pero creo que falar deste tema é una oportunidade para que por unha vez, conte eu os meus recordos desa catástrofe e non sexan os meus pais, os meus avós ou o meu libro de historia.





Remontémonos a novembro do 2002. Botando contas acababa de comezar Segundo de Primaria e tiña sete anos. Dito así, todo o que diga non vai parecervos moi fiable. Pero pareceríame ata mal que non vos fiárades desta moza de sete anos.. 







O 19 de novembro atópabame na casa dos meus avós. E supoño que non entendía nada.. Aínda que con dez anos máis, ségueme costando..



Recordo as palabras do meu pai cando chamou á nosa familia de Salamanca. 
"Toda la costa murió, Aurita" 

Aínda retumban nos meus oídos esas 4 palabras..
Xa o sei, agora que dou Lingua Castelá séi o que é personificar as cousas e que é un recurso literario. Pero tiña 7 anos! Seica parezo espilida na imaxe.. 
Máis non podía parar de pensar que non ía a volver a ser verán nunca,que xa non había nin praia, nin area, nin percebes..


Ata que non vin á miña praia favorita non quedei tranquila. O recordo coma se fora onte. Recordo ver unha cantidade enorme de xente limpándoa. Recordo mulleres con bolsas de plástico.. Minto. Non recordo mulleres con bolsas de plástico.. Recordo homes, nenos, mozos, mozas, vellos e vellas cheos de bolsas.

O que non logro recordar é en que estación foi. Nin sequera que tempo facía. Pero dáme a impresion de que facía un frío doente. Parece un dato superfluo verdade? Pois non o é. Tedes duas maneiras de tomalo. Podedes pensar que teño unha memoria prodixiosa ou que asocio o frío á tristeza daquela catástrofe natural. 

Pero a única praga non foi a de petróleo. Recordo a praga de Bandeiras negras cun
"NUNCA MAIS" de lado a lado.  Recordo á xente impedindo que a costa morrera. 

Era unha nena de 7 anos, pero estaba moi comprometida cos estudos. E tiña pouco tempo para informarme de como iba a limpeza do desastre. 

E así chegou o verán. Oístes falar algunha vez la tribu dos 'Pes negros'? Si,verdade? Pois estades enganados. Non é unha tribu de Estados Unidos. A tribu dos ''Pes negros'' formámola todos os que fumos á praia o verán do 2004. Recordo o difícil que resultaba quitar o maldito chapapote dos pés.. 

Recordo a advertencia dos meus pais no momento en que tocábamos a praia.¡Tede coidado de non pisar o chapapote! 

Pero recordo moito mellor o momento de deixar de tocar á praia, levantar os pés e ver como non era cuestión de coidado, era cuestión de sorte non topar co chapapote, pois ata eles tiñan os pés de cor cinza.

Pero o que non recordo é unha soa queixa. Como podíamos queixarnos? Xente de todo o mundo axudando a limpar o desastre. Galegos e galegas loitando por salvar a nosa costa.

Galegos destapando o típico 'Galiza sumisa' e dando unha lección do que se pode conseguir con traballo e esforzo.


No hay comentarios:

Publicar un comentario