miércoles, 3 de abril de 2013

PALABRAS


Estou convencida de que teño cultura porque alguén parecido a min tivo algo que dicir nun momento determinado. Todos, absolutamente todos temos algo que dicir. Xa sexa en voz alta ou entrecortada, xa sexa bailando ou tocando a gaita. Xa sexa por xestos ou palabras..

palabras             escuras

palabros          non sexistas

*palabras            estreladas

(palabras)             temerosas

pal@bras        internautas

PALABRAS           maiores

palaVras         destemidas

palavras       arrepentidas

  ¿palabras?          escépticas

palabras!          perplexas

palabras            humilladas

(...)                     omitidas

 p_l_br_s         enigmáticas

"palabras"       entre bágoas

pªlªbrªs      extravagantes

pabralas       trabalinguas

/palabras/    marxinadas

palabra$      poderosas

plbrs              económicas

palabras           elegantes

pala-
      bras                     compartidas

PALABRAS!!!!! que se gritan
   
. . . . . . . . !!!!!    que se calan

Tamén palabras nos cantares, palabras nos lienzos,palabras nas miradas, palabras nos berros, palabras nos rezos, palabras recortadas, palabras nos adeuses, palabras ilustradas, palabras cultas, palabras nas fotografías, palabras corrompidas, palabras restrinxidas, 
palabras precisas,palabras preciosas..




Na miña definición de cultura non fai falla escribir un libro para transmitila, nin xogar ao "trivial" para saber quen ten máis. Na miña definición de cultura sempre hai alguén facendo cultura co que ten sen ser conmemorado no día das letras galegas. Na miña definición de cultura non di que haia que leer o libro de literatura galega para ter cultura da miña terra nin saber o que din os rumorosos nas costas verdescentes..

A miña definición de cultura di que ti mesmo compartes co teu arredor o que sabes ou lles amosas unha miguiña do que ti fas. Sempre de maneira desinteresada.. Faltaría máis! Pero tamén sempre atento.. xa que calquera pode estar amosándote cultura, regalandote cultura..

Así é como eu creo que se fai a cultura, con palabras.. palabras de todo tipo. Transmitindo o que ti mesmo levas dentro da mellor maneira que sepas sin gañarte o pan nun escenario nin cantar como os anxos..




No hay comentarios:

Publicar un comentario