sábado, 2 de marzo de 2013
jueves, 31 de enero de 2013
FERROL ENFURECIDO
Non temos porque revolver nos documentos ou na memoria histórica para atopar mensaxes de loita.
A min, hoxe, bastoume cunha moto,
unha cámara e unha boa amiga.
En Ferrol, podemos atopar á volta de calquera esquina mensaxes que significan que nun determinado momento, alguén non estivo deacordo con algunha situación e o quixo facer público o seu descontento..
Xa sexan en canto á lingua..
mensaxes contra a maldita crise..
Contra o futuro "deserto" do naval..
Ou contra os riscos
de explosión e contaminación..
A isto tamén lles chamo revolucións..
martes, 29 de enero de 2013
OS HEROES DESCOÑECIDOS
Dende que Manolo propuxo o tema pregunteille ao meu pai quen ou quenes participaran nun acto de rebeldía que recordara. Faloume dos Irmandiños, os Mártires de Carral, faloume de Concepción Arenal pero cando dixo "O Xurelo" cambioulle a cara.
" Patri,podes facelo do Xurelo! Setembro dos oitenta! Eu fun á manifestacion!"
Falaba cunha emoción que eu non lograba entender.Agora o entendo, pois o suceso que vos vou contar significou a unión do pobo galego en defensa do mar.
Eu, pobre de min,imaxinábame unha folga pola subida de prezo do xurelo, unha intoxicación destos.. Pero non me imaxinei o que en realidade foi. Estaban intentando converter o mar nun cemiterio nuclear onde agochar os residuos molestos da relucente Europa!
Indignante,seino! Con este encabuxe comezou a historia..
setembro de 1981
Preséntovos ao Sirius
GreenPeace levouno ata aló máis tivo unha avaría...
Esquerda galega levou a cabo a misión e Ribeira respondeu á chamada. Ánxel Vila ofreceu o seu barco para a causa.
Agora preséntovos ao Xurelo
O Xurelo era un pesqueiro de madeira que apenas tiña 20 metros de eslora.
A extraordinaria tripulación do Xurelo estaba conformada por un estrano e heteroxéneo grupo de catorce persoas.. (Escritores, periodistas, políticos, ecoloxistas..)
Tras varios dias de travesía os tripulantes do Xurelo non consegueron atopar nada, a unica ferramenta era a pericia mariñeira do patrón! Pero as mellores cousas aparecen cando menos as esperas,e de súpeto! apareceron duas manchas pequenas, duas formiguiñas que resultaron ser dous grandes cargueiros holandeses.
Imaxinádevos o percal! Bidóns sendo tirados de 2 en 2 e de 4 en 4 e 4 galegos gritando que defenderan o mar e salvaran a vida!! Menudos heroes..
250 millas mar adentro, un compás, catro cartas náuticas e 14 persoas botando ao mar unha coroa de flores! Cantando a berros o himno galego e emitindo pola radio mensaxes de loita e esperanza
Foron recibidos como verdadeiros heroes en Ribeira!
O "Xurelo" voltaría o ano seguinte ao mesmo punto, de novo con serios riscos e coa novidade de dúas mulleres!
Unha delas, dicía nunha entrevista que a trataban de tola e irresponsable, "como te atreves a ir al mar con dos niños pequeños?" e ela contestaba.. "precisamente por eso, porque tengo dos hijos"
E alá se foron! Rumbo ao descoñecido.. Pero os ecoloxistas non se andaban con chiquitas. Imaxinádevos! Poñíanse baixo os bidóns.. Os outros cando podían tirábannos por riba deles.. Ata que un dos membros de GreenPeace quedou moi ferido. Ao mesmo tempo tiñan unha ameaza do goberno holandés de ponerlles unha multa moi grande.. Tiveron que retirarse xa que os barcos estaban poñendo en risco a vida dos activistas..
Acongonjáronse,si.. É verdade..
mais a loita non acabou ali, as protestas tiveron moitisima repercusión. Grazas á valente tripulación creouse en Europa unha conciencia ecoloxista e aquí é onde entra o meu pai, que foi a unha destas manifestacións.
Finalmente.. a presion conseguiu que se prohibisen estas practicas.
A historia acabou ben, "gañamos os bos"
Queredes ver O Xurelo, verdade? E felicitar a Anxel Vila,seino..
Iso é o malo. Anxel Vila xa non está connosco e tampouco o está o Xurelo, que afundiu no porto de Ribeira. As que si fican na fosa atlántica son as case 14000 toneladas de residuos radioactivos, Qué medo! Alí.. no fondo do mar.. sen coñecerse os efectos e as condicions reais nas que se atopan..
Pero imos a miralo con positividade! E imos a consideralas un perpetuo recordatorio da loita dunhas trinta persoas case descoñecidas pero valentes que subíronse aun barco para defender o mar NO NOSO NOME! NO NOME DAS XERACIÓNS VINDEIRAS!
A isto chamolle eu revolución..
sábado, 19 de enero de 2013
PRESTIGE
Podería poñerme seria e falaros de Mare Shipping, de Crown Resources, incluso podería falaros da London Steamship Owners insurance. Máis para iso podedes pór en Wikipedia 'prestige' e veredes quen foi o propietario, o dono da carga e ata a aseguradora.
Pero creo que falar deste tema é una oportunidade para que por unha vez, conte eu os meus recordos desa catástrofe e non sexan os meus pais, os meus avós ou o meu libro de historia.
Remontémonos a novembro do 2002. Botando contas acababa de comezar Segundo de Primaria e tiña sete anos. Dito así, todo o que diga non vai parecervos moi fiable. Pero pareceríame ata mal que non vos fiárades desta moza de sete anos..
O 19 de novembro atópabame na casa dos meus avós. E supoño que non entendía nada.. Aínda que con dez anos máis, ségueme costando..
Recordo as palabras do meu pai cando chamou á nosa familia de Salamanca.
"Toda la costa murió, Aurita"
Aínda retumban nos meus oídos esas 4 palabras..
Xa o sei, agora que dou Lingua Castelá séi o que é personificar as cousas e que é un recurso literario. Pero tiña 7 anos! Seica parezo espilida na imaxe..
Máis non podía parar de pensar que non ía a volver a ser verán nunca,que xa non había nin praia, nin area, nin percebes..
Ata que non vin á miña praia favorita non quedei tranquila. O recordo coma se fora onte. Recordo ver unha cantidade enorme de xente limpándoa. Recordo mulleres con bolsas de plástico.. Minto. Non recordo mulleres con bolsas de plástico.. Recordo homes, nenos, mozos, mozas, vellos e vellas cheos de bolsas.
O que non logro recordar é en que estación foi. Nin sequera que tempo facía. Pero dáme a impresion de que facía un frío doente. Parece un dato superfluo verdade? Pois non o é. Tedes duas maneiras de tomalo. Podedes pensar que teño unha memoria prodixiosa ou que asocio o frío á tristeza daquela catástrofe natural.
Pero a única praga non foi a de petróleo. Recordo a praga de Bandeiras negras cun
"NUNCA MAIS" de lado a lado. Recordo á xente impedindo que a costa morrera.
Era unha nena de 7 anos, pero estaba moi comprometida cos estudos. E tiña pouco tempo para informarme de como iba a limpeza do desastre.
E así chegou o verán. Oístes falar algunha vez la tribu dos 'Pes negros'? Si,verdade? Pois estades enganados. Non é unha tribu de Estados Unidos. A tribu dos ''Pes negros'' formámola todos os que fumos á praia o verán do 2004. Recordo o difícil que resultaba quitar o maldito chapapote dos pés..
Recordo a advertencia dos meus pais no momento en que tocábamos a praia.¡Tede coidado de non pisar o chapapote!
Pero recordo moito mellor o momento de deixar de tocar á praia, levantar os pés e ver como non era cuestión de coidado, era cuestión de sorte non topar co chapapote, pois ata eles tiñan os pés de cor cinza.
Pero o que non recordo é unha soa queixa. Como podíamos queixarnos? Xente de todo o mundo axudando a limpar o desastre. Galegos e galegas loitando por salvar a nosa costa.
Galegos destapando o típico 'Galiza sumisa' e dando unha lección do que se pode conseguir con traballo e esforzo.
domingo, 2 de diciembre de 2012
hai algo mais
Se hoxe temos todo o que temos significa que alguén loitou por telo.
Non falo do inventor do televisor nin do inventor dos zapatos de tacón, quero ir algo máis atrás no tempo. Refírome á prehistoria.
Se hoxe temos linguaxe significa que no principio dos tempos alguén loitou por comunicarse. Se agora temos todos estos alimentos significa que houbo un día no que alguén pasou fame e decidiu explorar cómo combatila. Sego sen falar do inventor do cocido. Falo de tempos máis lonxanos, do inventor da caza!
Se hoxe temos as nosas casas cheas de cadros non é grazas ao inventor do óleo, sigo falando do primeiro que quixo plasmar unha imaxe nunha rocha.
Aqueles homes.. Aqueles homes que comezaron a historia que agora nós estudamos e a historia que fixo que cadaquén agora sexa o que é.
Nunca busquei unha similitude entre eu e os homes prehistóricos ata que Manolo fíxome buscala e creo que topei con máis dunha cousa en común.
Podería falar das vestimentas que levan e o que se parecen á nova temporada de Zara; Incluso podería falar dos xogos cos que se entretíñan e veríades que o ''pillapilla'', posiblemente, non o inventaron os vosos bisavós, senón os bisavos dos bisavos dos bisavos dos bisavós dos vosos bisavós.
Gustaríame ir un pouco máis alá.
Aínda que pensedes que ninguén sentiu tantos celos como vós no momento no que a vosa moza foise con outro home estades moi equivocados. Os celos levan na historia moito máis que o lume. Celáchesvos o mesmo que un home que vai cazar e cando volta, encóntrase á súa muller falando con outro home da Idade de Bronce.
O triste que estiveches cando morreu á túa avoa xa o estivo un neno ao ver como a súa avoa morría e era enterrada nesta época.
O mesmo que disfrutaron os teus pais ata ser máis en nove meses o disfrutaron os habitantes da prehistoria.
A sensación de non chegar a fin de mes. O suor da túa familia para que teñas pan todos os días era o mesmo que na idade do Bronce sudaban para vivir, para comer.
O contenta que estiveches o dia que viches ao home máis guapo de Ferrol e achegouse a pedirte a hora o estivo unha muller fai 5000 anos.
O íntimo! os sentimentos!
O íntimo leva connosco máis que calquera cousa.
Personalmente, considérome unha persoa que necesito, unicamente, sentimentos, familia, amigos e saude para ser feliz. E son catro cousas que xa as tiñan os primeiros habitantes, polo tanto o que tiñan, era ouro.
Con dito tesouro, imaxínome ter pertencido a esta época, cambiar a preocupación de selectividade pola preocupación de qué tal lle irá a pesca ao meu mozo.. Non botar de menos un nórdico nas noites frias porque non sei o que é. Descubrir algo novo cada dia.. Rir tanto como río hoxe en día na idade contemporánera, onde todos vivimos ao redor das batallitas do sabado noite e onde hai xente tan pobre que só ten diñeiro.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)






