viernes, 5 de abril de 2013

Andres do Barro


Precisaba ideas! O de sempre.. Tema que Manolo presenta, tema do que pido ideas na casa, cos amigos, coa familia, tema do que me pido a min mesma as ideas.. 

O meu novo traballo comeza con Xavier..

Chameino. Díxenlle que necesitaba axuda. Pregunteille quén significou algo no panorama cultural de Galicia ou quen podería significalo se se dese a coñecer e o moi mangante comezou a cantar! "O tren que me leva pola beira do Miño,me leva e me leva polo meu camiño" Maldito parvo..Pensei eu. Faláballe enserio, precisaba ideas.. Para a miña sorpresa el tamén falábame en serio. "Chama ao teu pai Patri, de verdade que o podes facer de Andrés do Barro" Chamei. Claro que chamei! chamei e tiven a aprobación do meu pai. "Pode ser un bo traballo". 

Wikipedia encargouse de presentarnos a Andrés e a min. O primer contacto a verdade é que deixoume algo intrigada.. Foi unha toma de contacto algo fría e misteriosa. A encargada de romper o xeo foi a súa canción.. 




Escoiteina; pechei o ordenador, non estaba convencida con Andrés..

Deiteime e amenceu,coma sempre. O despertador tiña presa e eu un día por diante. Como todos os días cheguei a clase.. Pasou xeografía e preguntei se coñecian a canción de.. Si, claro. A do tren.

Estefanía sorría e dicía que si pero non a cantaba, Laura dicía:  na na na na na Miño, me leva,me leva polo buen camiño! Non lles fixeron falta máis de dous segundos para refrescar a memoria e alí estaban as dúas cantando a canción; pódome atrever a dicir que tamén a bailaban. Andres do Barro convenceume xusto nese intre e o seu estribillo pegóuseme durante toda a mañá.

Á hora do recreo, aproveitamos o frío que facía para quedarnos na clase e puxemos a canción..  Apareceu Natalia mentres Sergio cantaba e bailaba! Natalia díxome que Siniestro Total tiña unha versión e que se era para o traballo de Historia de Galicia, podía citalo. E así está sendo

Acabado o horario lectivo Ivan e mais eu fixemos o de sempre, saimos pola porta de sempre en dirección á casa e conteille que quedábamne dúas entradas. Tamén conteille a idea,  pensando que ía coñecer a canción pero púxome cara de incredulidade. Convencida de que tiña que coñecela e tras escoitala tantas veces comecei a cantala e para a miña sorpresa unha señora que pasaba ao noso carón sorriu e a cantou conmigo. Iván seguía sin ter nin idea pero a min valíame que a señora estaba a cantala.. 


Busquei,preguntei, e atopei algún dato que outro..

Wikipedia dicíame que nacera no seo dunha familia vindulada a Armada Española, pero él decidiu dedicarse á música. Por outra parte o meu pai dicíame que era un neno ben de Ferrol, fillo dun militar e lle deu por cantar e por riba, en galego. Contábame que acadou moito éxito
e cando digo éxito quero dicir que chegou a conseguir o número un en galego no 1970 con "Corpiño xeitoso" Pero non só estamos a falar de chegar ao número un das vendas Españolas nunha lingua cooficial, senón de facelo en pleno réxime dictatorial! 

Teimaba co galego e con Galicia. Se cadra non se pode dicir que fose un patriota, se cadra si. Ao parecer, confesaba a súa admiracion por escritores como Castelao ou pintores como Seoane


Wikipedia tamén conta que foi protagonista da película La red de mi canción e que morreu victima dun cáncer hepático aos 42 anos de idade mentres que o meu pai di que Andres do Barro foi alguén que non soubo asimilar o éxito, disque levaba unha vida bohemia e chea de excesos e de feito, morreu relativamente xove. 

Andres do Barro xa non é un descoñecido para min, aínda que segue sendo todo un misterio..
Non encontro datos nin o número de Sergio Dalma para saber como chegou a versionar a súa canción..pero gustaríame sabelo.


ou o número de Siniestro Total..






Seica non é a historia de Andres do Barro buscada a fondo, tampoco pretendín que o fóra.
 O que eu contei aquí foi como coñecímonos Andres do Barro e mais eu, ou o que é o mesmo: Como coñecín unha parte da miña cultura como galega e ferrolana.






miércoles, 3 de abril de 2013

POESÍA

PALABRAS


Estou convencida de que teño cultura porque alguén parecido a min tivo algo que dicir nun momento determinado. Todos, absolutamente todos temos algo que dicir. Xa sexa en voz alta ou entrecortada, xa sexa bailando ou tocando a gaita. Xa sexa por xestos ou palabras..

palabras             escuras

palabros          non sexistas

*palabras            estreladas

(palabras)             temerosas

pal@bras        internautas

PALABRAS           maiores

palaVras         destemidas

palavras       arrepentidas

  ¿palabras?          escépticas

palabras!          perplexas

palabras            humilladas

(...)                     omitidas

 p_l_br_s         enigmáticas

"palabras"       entre bágoas

pªlªbrªs      extravagantes

pabralas       trabalinguas

/palabras/    marxinadas

palabra$      poderosas

plbrs              económicas

palabras           elegantes

pala-
      bras                     compartidas

PALABRAS!!!!! que se gritan
   
. . . . . . . . !!!!!    que se calan

Tamén palabras nos cantares, palabras nos lienzos,palabras nas miradas, palabras nos berros, palabras nos rezos, palabras recortadas, palabras nos adeuses, palabras ilustradas, palabras cultas, palabras nas fotografías, palabras corrompidas, palabras restrinxidas, 
palabras precisas,palabras preciosas..




Na miña definición de cultura non fai falla escribir un libro para transmitila, nin xogar ao "trivial" para saber quen ten máis. Na miña definición de cultura sempre hai alguén facendo cultura co que ten sen ser conmemorado no día das letras galegas. Na miña definición de cultura non di que haia que leer o libro de literatura galega para ter cultura da miña terra nin saber o que din os rumorosos nas costas verdescentes..

A miña definición de cultura di que ti mesmo compartes co teu arredor o que sabes ou lles amosas unha miguiña do que ti fas. Sempre de maneira desinteresada.. Faltaría máis! Pero tamén sempre atento.. xa que calquera pode estar amosándote cultura, regalandote cultura..

Así é como eu creo que se fai a cultura, con palabras.. palabras de todo tipo. Transmitindo o que ti mesmo levas dentro da mellor maneira que sepas sin gañarte o pan nun escenario nin cantar como os anxos..




domingo, 3 de marzo de 2013


Son a primeira que cando alguén me comenta que ten unha casa no campo utilizo o tópico. Imaxino unha casa rural, de pedra, verde, cunha horta e animais. É certo que Galicia está rechea delas! Mais tamén é certo que outra boa parte do noso ámbito rural rompen ese tópico e esa paisaxe tan característica de Galicia

Isto é o que pasoume onte a min, se ves unhas seis casas típicas, rurales, de campo, co seu hórreo correspondente, na séptima tópaste cunha que rompe dito ruralismo..












Así é a paisaxe do campo de Ferrol, casas de colores que fan un contraste moi desagradable, inacabadas, minimalistas.. Ao final a miña Galicia non vai ser tan rural..

sábado, 2 de marzo de 2013

DONIÑOS




Se poñemos en Google Maps "Praia de Doniños" 
isto é o que aparece..





Na web cóntannos que é unha praia espectacular, de area branca, coñecida internacionalmente polos seus campeonatos.

Por outra bandase o poñemos no buscador Google de imáxenes o que aparece é isto..






        





Pero se vamos ata alí,tal día como hoxe, isto é o que atopamos..







A contaminación nas praias é unha realidade que esta presente e ameazante nas nosas praias favoritas. E este é un claro exemplo. Isto é o que está a pasar nestes intres na marabillosa praia de Doniños..






**

Podemos seguir pintando as praias galegas como salvaxes e paradisíacas, é a nosa Galiza e supoño que coa súa terra ninguen é demasiado obxectivo. Pero Historia de Galicia sempre fainos darlle voltas a cabeza ata desmontar os nosos propios pensamentos.


Hai praias salvaxes, claro que si... Praias nas que podes desconectar do mundo, do ruído e da xente, nas que non se ve un só edificio.  Por exemplo Santa Comba, apto para desaparecer durante un bo rato entre salitre e area.



O que tamén é certo é que non todas son como esta.. 


     



Sanxenxo.. ¿Da a mesma sensacion de tranquilidade?




O mesmo poderíase dicir da praia do Orzán, Coruña.. 

A paisaxe natural e costeira galega viuse afectada polo fenómeno da urbanización rompendo co medio ambiente.. Cada vez é mais dificil toparse cucha praia apartada de asfalto, cemento e antenas.

Sálvanse moi poucas..

Eu, son consciente dende moi pequena deste fenómeno, xa que a miña avoa leva repitindo o mesmo ano tras ano dende que teño uso de memoria. 

Os domingos comendo en casa dos avós, na miña casa, é algo sagrado; pero en verán pasamos a facer ditas comidas no campo. Lela sempre elixe a praia de Esteiro en Estaca de Bares. Levo 17 anos indo a unha praia que está a hora e media da miña casa só porque ela di que é a única praia na que podes mirar a onde queiras, que non encontrarás unha soa vivenda. E ten razón.

Falo desta praia..






A verdade é que encontrei poca xente que coñecera dita praia, os cinéfilos quizais a coñecerán por Os crebinsky  onde se reflexa perfectamente a tranquilidade desta paisaxe e a extraordinaria beleza. (Fixádebos na unión da miña familia con esta praia que o director é o irmán da miña tía!)



É unha verdadera lástima que os andamios e as grúas estén reformando paisaxes que foron como este.


**